Houbo un xogador de principios do século XXI, que calou e moito no corazón dos seguidores celestes, un rapaz brasileiro, que xogou e destacou como dianteiro no Málaga; Catanha. Chegou ó Celta na tempada 2000-01, sendo a fichaxe máis cara do momento do clube vigués. A súa carácterística celebración dos goles, movendo os brazos ao xeito dun paxaro, levou a que fora apodado como "A Gaivota". Dende aquí, queremos facerlle unha pequeña homenaxe, vestindo a segunda equipación do R. C. Celta de Vigo da tempada 2001-02. Coma sempre, totalmente pintado a man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario