As mellores expectativas cumpríronse na actividade conxunta entre o Fútbol Chapas e o Fútbol de Mesa que se celebrou en Ourense estes días (29 e 30 de Marzo). Como representante do Fútbol Chapas, estivo Millán Brea, organizador da actividade, e polo Fútbol de Mesa, estivo Santi R. Escudero (AFT Turia 1981).
Na primeira xornada, foron perto de 10 os nenos que se acecaron ata as instalacións da Casa da Xuventude da cidade de Ourense para disfrutar de ámbolos dous xogos.
O día seguinte, a sorpresa foi maiúscula, cando apareceron perto de 20 nenos, e o mellor de todo, e que algún chegaba para repetir a experiencia que xa vivira o día anterior. O interese mostrado polos dous xogos foi enorme, e as gañas e a emoción coa que cantaban os goles, era sinal de que estaban a pasalo en grande.
O local da Casa da Xuventude ateigado de nenos
A Asociación Xuvenil "Amencer", foi a encargada de achegar a tódolos nenos ata a actividade, e foi agasallada, gracias a Total Soccer (o que novamente lle agradecemos a sua colaboración na actividade), cuns sets de xogo e uns equipos, para que os nenos podan seguir disfrutando do Fútbol de Mesa.
Os nenos e os monitores de "Amencer" con Santi R. Escudero e os agasallos de Total Soccer
NOTA: Por razóns de tipo legal, e tendo en conta como está o tema dos menores, este blog decidiu tapar, na medida do posible, as caras dos nenos.