Visitas

sábado, 28 de octubre de 2017

Champions League en Rochefort (Bélxica)


Esta fin de semana, estase a disputar en Rochefort (Bélxica), unha nova edición da Champions League de Fútbol de Mesa. Un total de 36 equipos forman parte da competición europea de clubes, e 3 son españois: Moralzarzal Subbuteo Club, Tiburones FM e CAP Ciudad de Murcia. Desexámoslles as mellores das sortes e ogallá acaden un bo resultado.

Iriome, experto en goles no derradeiro minuto

Novamente o Clube Deportivo Lugo, forma parte desta miuda homenaxe que facemos a grandes e pequenos xogadores ou equipos, do fútbol galego. Escollemos a Iriome, polo seu bo inicio de tempada 2017-18, na que se está facendo todo un experto en anotar goles no derradeiro minuto, que fan que o C.D. Lugo, esté agora mesmo no máis alto da táboa na 2º división. Agardemos que vos guste. E para que repetilo, pintada a man...



Maxi Gómez, o goleador novato

A nova figuriña que acabamos de rematar, non é outra que a do uruguaio Maximiliano Gómez, xogador do Real Club Celta de Vigo, que chegou a principios de verán como reforzo para a dianteira na tempada 2017-18. As expectativas depositadas no rapaz, están a ser cumpridas co creces a base de goles e bos actuacións cada vez que xoga. 5 goles nas primeiras xornadas de liga, ben merecen a nosa miuda homenaxe e de seguro que este rapaz dará moito que falar. Coma sempre, o de semre, pintada a man.





domingo, 15 de octubre de 2017

Cañizares, trofeo Zamora

Santiago Cañizares , chegou ó Real Club Celta de Vigo na tempada 1992-93, procedente do Mérida, e acadou, esa misma tempada, o trofeo Zamora. Pero quizáis é máis interesante a tempada 1993-94, tempada na que cualla grandes actuacións, que fan que o Celta acade a Final da Copa do Rei por segunda vez na súa historia. Foi o 20 de abril dese mesmo ano, e a pesar de que a derrota foi dura e amarga por esa fatídica tanda de penaltis, seguimos tendo na retina esa intervención ante Higuera (se mal non me lembro), na que lle arrebata o balón dos pes nun man a man. O final desa tempada, Cañizares ficha polo Real Madrid. Para nos, esa final de Copa, por moi triste que sexa, foi un exemplo de coraxe e de afouteza, que vale a pena rememorar, por eso fixemos a figuriña de Cañizares coa equipación que vestiu esa noite, pintada a man.




Javier Maté, unha vida no Celta

Javier Maté foi un deses xogadores de clube, dos que apenas quedan no fútbol moderno. Chegou ó Real Club Celta de Vigo no ano 1981, procedente do Real Madrid, e retirouse no ano 1993 defendendo a elástica celeste. Foron 12 anos nos que houbo bos e malos momentos, pero nos quedamos coa tempada 1986-87, ano en que o Celta acadou novamente o ansiado ascenso á primeira división. Coma sempre, pintado a man.




viernes, 29 de septiembre de 2017

Gustavo López, o "corvo" celeste

Outro xogador que hai que ter en contar para falar de xogadores históricos, non é outro que o arxentino Gustavo López. Cehgou ó Real Club Celta de Vigo na millor época do clube, e deixou tardes para al lembranza. Unha delas, foi a do gol que marcou en Lieja (Bélxica), na UEFA da tempada 2006-07, e que abría con bo pe o camiño do celta na competición Europea.




Mostovoi, o "zar" que reinou en Balaídos

Un xogador que non podía faltar nesta lista de xogadores históricos a reproducir en figuriña de Subbuteo é o ruso Alexander Mostovoi. Foi sen dúbida un dos grandes xogadores que tivo e terá o Real Club Celta de Vigo ó longo da súa historia. Foi capaz do millor e do pior, pero sempre nos quedaremos coas tardes de gloria e as leccións maxistrais de fútbol que deu ó longo das súas tempadas no Celta. Está pintado coa equipación que vestiu a tempada da súa fichaxe, a 1996-97.




Fenoy, o porteiro goleador (2)

Outra máis do porteiro que fixo época no Celta e que merece esta homenaxe. Desta vez coa equipación que vestiu a tempada 1976-77, no estadio Vicente Calderón.




Fenoy, o porteiro goleador (1)

Desta vez, o protagonista é Fenoy, un porteiro arxentino que xogou no Real Clube Celta nos anos 70, e que tiña unha particularidade: era o lanzador de penaltis. Acadou ser o máximo realizador dor Celta unha tempada. Aquí o vemos coa equipación da tempada 1975-76:





Vlado Gudelj en figuriña de Subbuteo

Presentamos unha das novas creacións de Subbuteo Galicia: Valdo Gudelj, do Real Club Celta de Vigo, coa equipación da UEFA 1998-99, en concreto, do partido Celta 3 - Liverpool 1, no que marcou o terceiro gol para os vigueses. Coma sempre, pintada a man. Agardemos que vos guste.